El factor Einstein en Galicia Hoxe

Galicia-Hoxe.com, 16 de marzo de 2008

novela
Andrés Pérez: "Admiran a Einsten sen saber por que"
Desentraña a pugna de poder entre EEUU e a Alemaña nazi pola bomba atómica
V. OLIVEIRA . SANTIAGO

O escritor Andrés Pérez (Sevilla, 1969) deuse a coñecer coa súa novela La clave Pinner, ambientada durante a Segunda Guerra Mundial a partir da operación Mincemeat, un plan de engano británico para convencer aos alemáns de que os aliados ían invadir os Balcáns e Sardeña en lugar de Sicilia, o seu obxectivo real. Agora acaba de publicar con Ediciones Martínez Roca El factor Einstein, unha trama de intriga na que EEUU e a Alemaña nazi pugnan por facerse coa bomba atómica. Onte presentou en Santiago a obra, que comeza cunha cita do galego Julio Camba.


Que ten a Segunda Guerra Mundial para volver sobre esta época en "El factor Einstein"?

A Segunda Guerra Mundial formou o mundo como o coñecemos até a guerra fría. Pero non é o único que me interesa. Como a min o que me gustan son as paixóns que gobernan ás persoas -os sentimentos, as traizóns, as lealdades, a amizade, o amor-, creo que na guerra se dá todo isto en grao superlativo. Literariamente resúltame moi interesante.



Comeza o libro cunha cita do galego Julio Camba, referida ao pouco que se coñece a Teoría da Relatividade de Einstein.

A cita é moi reveladora porque fala un pouco sobre a percepción que a xente tiña e ten sobre Albert Einstein. Todo o mundo fala da Teoría da Relatividade sen entendela. E todo o mundo admira a Einstein sen saber por que, só porque é moi intelixente, pero como di Camba: "como a min non mo expliquen non sei por que".



Na novela descobre o lado humano de Einstein, ¿cal é a parte máis reveladora da súa personalidade?

Elixo a Einstein porque creo que é fundamental na historia. O 2 de agosto do 39 asina unha carta para animar ao presidente Rooselvelt a construír a primeira bomba atómica da historia, antes de que o fagan os nazis. A partir de aquí monto unha historia de ficción, os nazis mandan unha espía, Frida Klein, para que neutralice os plans de Einstein. Descubrir ao científico como persoa fíxome humanizalo moito. Encantáballe tocar o violín, contaba chistes, tivo moitísimas amantes, algo que non era fascinante para as súas mulleres, non sabía nadar nin navegar, e todos estes defectos de Einstein son os que o humanizan.

Ao final do libro inclúe a carta de Einstein a Rooselvelt, pero choca que, sendo un pacifista confeso, lle comunique isto ao presidente de Estados Unidos, ¿a que se debeu?

Si, Einstein era un pacifista convencido, deixara Alemaña para non facer o servizo militar, odiaba os uniformes, os desfiles e as armas. Era xudeu e físico, sabía o que podía pasar. Estaba un pouco arredado da comunidade científica pero escribe a carta a Rooselvelt porque é o científico máis famoso do mundo e o único ao que lle vai a facer caso. Viviu o maior dilema da súa vida. Non o fai para que se constrúa a bomba atómica nin moito menos que se utilice, era pacifista pero sabía tamén que se os nazis a construían antes ía ser moito peor.



Visitou todos os escenarios da obra: Berlín ou Manhattan, a casa que Einstein alugara en 1939 onde escribe a carta a Rooselvelt.

Intento sempre visitar os lugares que van aparecer nas novelas. Visitei Cracovia, Berlín, Nova York. E localicei en Long Island a casa onde Eisntein firmou a carta a Rooselvelt. Gústame facer unha novela ben documentada, na que todos os datos estean ao servizo da historia. Unha obra de ficción ten que ser entretida, é fundamental, porque logo pódese aprender historia.



Incluso encontrou un personaxe: Bob Rothman, que coñeceu a Einstein de adolescente.

Si, coñecino en Manhattan. Foi unha das cousas máis incribles que me puideron pasar. O pai deste home fora amigo de Einstein no verán do 39.Tiña doce anos e contábame que Einstein era un home alto, tiña un acento alemán moi forte, o seu barco, ao acabar o verán, deixábao no patio da súa casa. Foi un regalo incrible.
ATOS

Aos libros de historia fáltalles contar as cousas de forma amena"

Que supoñía falar dunha bomba atómica nos anos trinta?

Falar en 1939 dunha bomba atómica era como falar hoxe en día dunha invasión extraterreste. Era ciencia ficción. A Convención de Xenebra o único que prohibía entón eran as armas químicas, pero algúns científicos como Leo Szilard que é un personaxe real, e se dá conta de que a fusión do átomo é posible e que se desenvolvera en Alemaña. Só uns poucos científicos saben que se isto pasa, o mundo non vai volver a ser igual.

De feito, se os nazis a construíran, sería moito máis terrible. Porque o mundo xa non ía a ser igual pero ninguén quería darse de conta.

Por que cre que hoxe en día funciona tan ben unha novela con base histórica?

Porque se ves os libros de historia de agora eran como cómics, mentres que antes eran moi densos. A miña novela transcorre nun momento histórico determinado pero non é histórica nin de espías, é unha obra de personaxes, de sentimentos, a min interésanme os dramas da xente que os vive. Hai cousas que os libros de historia non dan de forma amena, iso fáltalles. O éxito destas novelas vén porque a xente aprende cousas e porque se pode identificar cos personaxes.
RAXECTORIA

Un centenar de galardóns

Andrés Pérez ten recibido máis dun centenar de galardóns en certames literarios. É autor do relato Ojos Tristes (Premio Internacional de Contos Max Aub), da colección de contos Estado provisional (Premio de Relatos Cidade de Coria), das novelas curtas Los mejores años (Premio José Luis Castillo-Puche) e Duarte (Premio Tierras de León). Na actualidade, é colaborador de varios medios de comunicación e hai uns meses foi galardoado tamén co XVII Premio de Novela Luis Berenguer polo seu libro El síndrome de Mowgli.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Las pajas reales (o cómo escribir una felicitación navideña políticamente correcta)

La Teoría de la Relatividad

El payaso Trump